DIOXINAS, FURANOS E PCB'S COPLANARES
     Hai 75 isómeros diferentes de policloro dibenzo-p diotoxinas que conteñen de 1 a 8 átomos de cloro. Os policloro dibenzo furanos son estructuralmente similares ás dioxinas, existindo 135 isómeros. Os isómeros máis tóxicos e perigosos para os organismos vivos son os 2, 3, 7, 8 tetracloro sustituídos (TCDD e TCDF).



   Dos 209 conxéneres de PCB's existentes, só 12 presentan un comportamento semellante o das dioxinas e furanos, denominándoselles PCB's coplanares, Os cales adoitan atoparse en concentracións moito máis baixas que os restantes PCB's e son tratados de forma semellante ás dioxinas e furanos.

   As dioxinas, furanos e PCB's coplanares son química e físicamente estables, incrementándose dita estabilidade a medida que aumenta o número de átomos de cloro na molécula. Son insolubles en auga e moi solubles en disolventes orgánicos, graxas e aceites.

   A fonte principal de dioxinas e furanos está asociada a:
  • A manufactura e uso de clorofenoles nas industrias de procesado e tratamento da madeira.
  • A manufactura e uso de herbicidas.
  • A combustión de materiais orgánicos incluindo fueloleo, madeira e a incineración de residuos médicos e municipais a temperaturas de entre 200 e 400º C, sendo ésta a fonte máis importante de dioxinas e furanos.
   No home, a inxesta mediante a dieta é a principal vía de entrada destes compostos contribuindo esta entrada ó 90% da exposición diaria.

   O programa da Unión Europea de Reducción das emisións de Dioxinas foi un éxito, reducindose as emisións nun 70% dende o ano 1985 ó 1995.

TOXICIDADE E METABOLIZACIÓN
   O grado de toxicidade varía en ambos grupos (dioxinas e furanos); demostrouse que o conxénere 2, 3, 7, 8 TCDD é embriotóxico, teratoxénico, carcinóxeno e cocarcinóxeno en animais. Estes compostos teñen ademáis, unha gran tendencia a acumularse na cadea trófica (bioacumulación).

   As respostas biolóxicas e toxicolóxicas dos organismos mariños á exposición destes compostos son variables e dependen da especie. As respostas máis comúns incluen un síndrome de debilidade, manifestado por unha pérda progresiva de peso, desórdenes reproductivos e inducción de numerosos enzimas (P450 1 A1). Outras manifestacións aparentes son inmunosupresión, disfunción hepática, cambios cardiovasculares, cloracné, lesións dérmicas, etc.

   Ainda que todavía non está contrastada no home, o feito de terse constatado unha alta toxicidade nalgúns animais de laboratorio fainos pensar que estes compostos son moi perigosos e perniciosos para o home e o seu medio ambiente.

   A intensidade coa que os conxéneres de dioxinas, furanos e PCB's coplanares inducen os efectos anteriormente citados pode variar amplamente e parece que son aditivos, polo tanto estableceuse un concepto denominado TEF (Factor de Equivalencia Tóxica) que se emprega para o cálculo da toxicidad dunha mezcla de dioxinas e furanos. El TEF é la potencia toxicolóxica dun conxénere comparada có composto máis tóxico, 2, 3, 7, 8 TCDD, o que se lle asigna o valor de 1. A cantidade total equivalente TEQ nunha mezcla podese calcular perante a suma dos factores resultado de multiplicar a concentración de cada conxénere polo TEF asignado.

© 2010 INTECMAR, Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, Xunta de Galicia