Este apartado permítelle coñecer a situación das zonas de producción de
moluscos e outros invertebrados mariños das augas da Comunidade Autónoma de Galicia para cada unha das Áreas de Traballo nas que se atopa
dividido o INTECMAR.
Inclúese ademais información sobre as mostraxes que se están facendo
así coma as mostras analizadas e as mostraxes previstas.
A información contida neste apartado actualizase diariamente para reflexar os cambios de situación orixinados polas análises realizadas no día. E importante que revise a
data de última actualización da páxina visitada para determinar a vixencia da información da mesma.
Para solicitar outra información non incluida nesta WEB ó INTECMAR, pode empregar o impreso dispoñible no apartado:
Contactar.