ESTACIÓNS DE MOSTRAXE
 
    O INTECMAR fai mostraxes semanais en 43 estacións oceanográficas repartidas nas Rías de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros-Noia e Ares-Betanzos; complementadas cunha serie de 16 estacións costeiras e 7 estacións automáticas. Esta alta periodicidade de mostraxe así coma o elevado número de estacións, permiten ter un coñecemento exahustivo das condicións oceanográficas nas augas da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Estacións oceanográficas
As estacións oceanográficas están distribuidas de xeito que cubren as principais zonas de produción. En cada unha delas fanse perfiles verticais con batisondas multiparamétricas CTD equipadas con sensores para as diferentes variables. A mostraxe faise en colaboración có IEO (Centros de Vigo e A Coruña) a través dun convenio de colaboración.
Estacións Costeiras
A rede de estacións costeiras complementa ás estacións oceanográficas có obxectivo de abarcar a maior parte da costa da Comunidade Autónoma. En cada unha delas tomanse datos utilizando medidores portátiles. Para a mostraxe contase coa colaboración das asistencias técnicas das confrarías.
Estacións Automáticas
O INTECMAR, en colaboración co CETMAR e METEOGALICIA, participa nunha experiencia pioneira: a colocación de instrumental científico para obter parámetros oceonograficos e meteorolóxicos en continuo. Consulte as ubicacións e os datos obtidos.
© 2010 INTECMAR, Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, Xunta de Galicia