Dende a data de aparición do DDT e o seu uso intensivo na agricultura como praguicida, a liberación masiva ó ambiente de compostos organoclorados constituese; nun problema de gran interése científico, económico e político. Isto é así por varias razóns:
O feito da moi baixa degradabilidade ambiental destes compostos determina a sua permanencia na biosfera incluso moitos anos despois de rematar a sua utilización. Asociado a isto, os fenómenos de bioacumulación e biomagnificación determinan que as concentracións nos tecidos grasos de organismos superiores (incluído o home) sexan superiores ás concentracións presentes no ambiente no que foron expostos, o que os transforma nun problema de salubridade humana importante.
O custo de disposición e destrucción destos compostos son elevados e isto determina que la xeración e aplicación de normativas de uso, eliminación e asignación de niveis máximos permitidos, deban manterse nun permanente e delicado xogo entre a búsqueda de beneficios e a minimización de danos.
Entre os compostos organoclorados máis notables, pola magnitude do problema que significan actualmente, atopanse os bifenilos, dioxinas e dibenzofuranos policlorados.