FITOPLANCTO
     A mesma rede de puntos de mostraxe disposta para a determinación das condicións oceanográficas -42 estacións oceánicas e 16 costeiras- emprégase para o control do fitoplancto -tóxico e non tóxico- e máis dos pigmentos fotosintéticos.

Puntos Mostraxe Fitoplancto

   O reconto da comunidade fitoplanctónica, efectúase mediante microscopio, sobre mostras integradas recollidas entre 0 e 5 metros, 5 e 10 metros e 10 e 15 metros.

Dinophysis acuminata Dinophysis acuta

   Cada vez que hai resultados do reconto, emítese un "informe preliminar dos recontos fitoplanctónicos de especies tóxicas", onde se consignan as estacións nas que se fixo a mostraxe; o número de células por litro de auga, das principais especies de microalgas con presenza en Galicia; e os oportunos comentarios sobre as novidades detectadas, respecto da semana anterior.

Pseudo-nitzschia spp Gymnodinium catenatum

   Os recontos de fitoplancto e as determinacións dos pigmentos fotosintéticos consígnanse nun informe semanal no que tamén se incluen os valores das condicións oceanográficas medidas mediante sondas multiparamétricas.

   Ver Lexislación aplicable

© 2010 INTECMAR, Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, Xunta de Galicia